O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu o 31 de xaneiro de 2008 para reunir as empresas, ... asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia. Desde a súa posta en marcha, o Cluster traballa para poñer en valor o macrosector TIC galego, impulsando a colaboración entre as empresas, aproveitando a capacidade tractora das máis grandes e a axilidade e capacidade para a innovación das de menor tamaño. Plenamente comprometido coas sociedade galega, o Cluster propugna o cambio de modelo produtivo cara unha economía baseada na innovación e a produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade. MISIÓN: A misión do Cluster TIC Galicia é axuntar, coordinar e dinamizar os esforzos en aumento da competitividade, innovación, saída a novos mercados e cooperación coas administracións, empresas e institucións. VISIÓN: O Cluster TIC Galicia ha ser o vertebrador do macrosector TIC de Galicia, transformándoo nun modelo de cooperación competitiva. read more
Competitor | Description | Similarity |
---|
Loading..